Convocante
Concello de LalínPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Constitúe o obxecto destas bases a concesión de subvencións destinadas á realización de actividades polas Asociacións de Mulleres do concello de Lalín que contribuan á realizacion efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións de mulleres sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de ánimo de lucro
- Ter o seu domicilio social no termo municipal de Lalín.
- Ter un ámbito de actuación territorial que non exceda do termo municipal de Lalín.
- As mulleres socias representarán polo menos o 90% das persoas asociadas.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín.
- Estar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello de Lalín.
- Ter entre os seus fins estatutarios a promoción da igualdade de oportunidades ou a defensa dos dereitos e intereses das mulleres.