Convocante
Consellería de Política Social e XuventudePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto da convocatoria consistirá na concesión de subvencións ás entidades de iniciativa social que, levan a cabo a referida atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.
Beneficiarios
Serán beneficiarias as entidades de iniciativa social, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
- Carecer de ánimo de lucro.
- Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
- Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.