Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A finalidade destas bases serán as actividades e os proxectos de índole social que se desenvolvan na provincia de Pontevedra durante o exercicio de 2024 dirixidos a colectivos que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
- Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 254/2011, de 23 de decembro. No caso de que a información que conste neste rexistro non estivese actualizada, a entidade solicitante deberá comunicalo e achegar a información necesaria
- Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos
- Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na LXS nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas