Convocante
Concello de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións, ás asociacións e a entidades xurídico privadas sen ánimo de lucro o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2021, de programas e actividades que beneficien a colectivos no eido de deportes nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades, así como a Entidades e Clubs deportivos que desenvolvan eventos de carácter específico no Concello de Lugo e cuxa repercusión incida na promoción e a formación deportiva dentro das disciplinas deportivas federadas.
Será requisito indispensable que o evento se desenvolva presencialmente dentro do término municipal (non se admiten eventos realizados mediante plataforma dixital ou similar).
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
- As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
- Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de ,subvencións.
- Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
- Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido do deporte.
- Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de deportes realizada pola Área de Cohesión e Dinamización Social.
- Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2021, para a mesma finalidade da actividade para a que se solicita a subvención.
- Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
- Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30-06-2016).