Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións, ás asociacións e a entidades xurídico privadas sen ánimo de lucro o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2021, de programas e actividades que beneficien a colectivos no eido de deportes nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades, así como a Entidades e Clubs deportivos que desenvolvan eventos de carácter específico no Concello de Lugo e cuxa repercusión incida na promoción e a formación deportiva dentro das disciplinas deportivas federadas.

Será requisito indispensable que o evento se desenvolva presencialmente dentro do término municipal (non se admiten eventos realizados mediante plataforma dixital ou similar).

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
  2. As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
  3. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
  4. Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de ,subvencións.
  5. Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  6. Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido do deporte.
  7. Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de deportes  realizada pola Área de Cohesión e Dinamización Social.
  8. Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2021, para a mesma finalidade da actividade para a que se solicita a subvención.
  9. Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
  10. Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30-06-2016).
Volver