Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Serán obxecto destas subvencións aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:
- Familia e Infancia
- Persoas maiores e persoas con discapacidade
- Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas
- Persoas marxinadas sen fogar
- Persoas toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes)
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.