Convocante
Deputación de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas subvencións van destinadas a mantemento de servizos sociais, de servizos sociosanitarios e da xuventude na provincia de Pontevedra a través de intervencións que favorezan a inclusión social ou laboral.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de servizos sociais ou sociosanitarias, que soliciten subvención con cargo a esta convocatoria e reúnan, á finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
- Ter a súa razón social ou sede na provincia de Pontevedra.
- Carecer de fins de lucro (poderán participar na convocatoria as cooperativas sen ánimo de lucro).
- Acreditar que os seus fins e actividades sociais coinciden coa finalidade da convocatoria e o contido do proxecto presentado.
- Estar rexistradas como entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
- No caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro deberán estar rexistrados no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Xunta de Galicia.
- No caso dos programas, centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e dos servizos complementarios,polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, ludotecas, puntos de encontro familiar, centros de atención a persoas maiores, con discapacidade e dependencia, centros residencias paramulleres vítimas de malos tratos, centros de inclusión e emerxencia social e programa de axuda no fogar, deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou tela solicitada con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Autorizar a Deputación para que se utilice o material gráfico relativo ao proxecto na difusión dos proxectos subvencionados.
- Non incorrer en ningún dos casos de prohibición para recibir subvencións.
- Someterse aos procedementos de control ou de auditoría que realice a Intervención provincial, polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras, e tamén, na súa condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poida realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo.