Convocante
Concello de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a execución de proxectos de sensibilización social dentro do termo municipal do Concello de Lugo.
A finalidade da convocatoria é financiar a realización de accións e proxectos que conteñan accións de sensibilización, información e educación para o desenvolvemento. Enténdese por tales as executadas no Concello de Lugo que estean dirixidas a fomentar o espírito de solidariedade, melloren o coñecemento e información sobre a problemática dos países menos desenvolvidos, estimulen a participación da cidadanía lucense nas tarefas de cooperación internacional e desenvolvemento dos pobos.
Beneficiarios
Poderán solicitar as subvencións para a realización de proxectos de sensibilización social as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento creado pola Xunta de Galicia en virtude do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación ao desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio.
- Carecer de ánimo de lucro e non depender economicamente ou institucionalmente de entidades lucrativas.
- Ter entre os seus fins institucionais expresos, segundo os seus propios estatutos, a realización de actividades relacionadas coa sensibilización social, fomento da solidariedade entre os pobos, cooperación social ou actividades análogas.
- Ter xustificadas en prazo e de acordo coas bases reguladoras de cada convocatoria as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Conselleríade Facenda, coa Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo.
- Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario/a de subvencións de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.