Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas subvencións están dirixidas a fomentar o emprego mediante o emprendemento e/ou a consolidación do mesmo, a través de axudas para o aluguer de espazos en entornas colaborativas ofertadas por terceiros na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a colaboración entre empresas e/ ou profesionais independentes doutras actividades, a fin de reducir custes de funcionamento e mellorar a información, formación, colaboración e a oferta de servizos empresariais.
Beneficiarios
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas autónomas e micropemes (Empresa con unha plantilla inferior a 10 traballadores e un volume de negocio e balance inferior a 2 millóns de euros.), que teñan o seu domicilio social e fiscal en Vigo e que reunan os requisitos reflectidos nestas bases.