Convocante
Axencia Galega das industrias culturaisPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto o apoio a festivais de cine de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:
- Que se leve a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro.
- Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.
- Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores á
publicación desta convocatoria. - Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.