Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións, para o desenvolvemento de programas de Festas Tradicionais e Patronais e desenvolvemento de actividades socioculturais que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.
Beneficiarios
Poderán solicitar subvención, as entidades xurídicas sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:
- Asociacións que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións á data de presentación da solicitude.
- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.
- Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
- Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo no ano anterior.