Convocante

Deputación Provincial de A Coruña

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

Serán obxecto deste programa de subvencións:

  • Actividades formativas.
  • Actividades de documentación, investigación, recuperación e posta en valor da nosa cultura popular e tradicional, en formato físico e/ou virtual.
  • A produción de espectáculos, exposicións, libros, discos ou outro tipo de materiais directamente relacionados coa cultura popular e tradicional galega obxecto desta liña específica: bandas de música populares, música coral, música e baile tradicional.
  • A organización de festivais, mostras e encontros de entidades do ámbito obxecto da convocatoria

Beneficiarios

Poderán participar nesta convocatoria ás entidades privadas sen fins de lucro, que na  provincia  dinamizan o campo da cultura popular e tradicional (corais, bandas de música, grupos de baile e/ou música tradicional), así como das formacións musicais de grande formato (orquestras sinfónicas e de cámara), legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

No caso das formacións musicais de grande formato, estas deben ter máis de 30 integrantes e actividade continuada nos cinco anos anteriores ao da solicitude da subvención.

Voltar