Convocante
Concello de TeoPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero:, organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2017.
Beneficiarios
Serán beneficiarias ás asociacións veciñais, de igualdade e de benestar con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo que desenvolvan actividades de promoción da igualdade entre homes e mulleres, que para esta convocatoria entenderanse:
- Actividades de sensibilización e fomento da igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes.
- Obradoiros en materia de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.
- Actividades que fomenten a corresponsabilidade familiar e o cambio de condutas en materia de conciliación, responsabilidade doméstica e de coidado.
- Accións relacionadas coa saúde da mulleres e o seu benestar
- xeral: obradoiros, charlas, cursos ou conferencias
- sobre hábitos de vida saudables; detección precoz de enfermidades; trastornos da alimentación; relacións afectivo-sexuais; autoestima e imaxe corporal; fomento da práctica de actividades físicas…
- Formación en linguaxe non sexista
- Campañas a prol do xoguete non sexista. Actividades de sensibilización sobre os efectos dos xoguetes sexistas nos nenos e nas nenas.
- Accións de apoio ao aleitamento materno
- Actividades de información e sensibilización sobre roles e estereotipos de xénero, a súa repercusión na vida de mulleres e homes no espazo público e privado.
- Accións sobre educación na igualdade, dereitos, servizos e recursos para as mulleres.
- Actividades para visibilizar o papel das mulleres na historia, na arte, literatura, política, ciencia, deporte…
- Actividades que promovan a participación dos homes de todas as idades na consecución da igualdade real.