Convocante

Concello de Arzúa

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto das axudas e subvencións comprenderá para o presente ano 2017:

  • Promoción de actividades deportivas: fomentaranse actividades deportivas abertas á participación cidadá tales como escolas, cursos, competicións, campus deportivos e, en xeral, actividades relacionadas coa promoción do deporte; a realizar por clubes ou outras asociacións que realicen actividades deportivas, segundo se desprenda dos seus estatutos.

Beneficiarios

Poderán concorrer e optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición.
  3. Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.
  4. As demais obrigas reguladas nos artigos 7 e 8 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa
Voltar