Convocante

Concello de Arzúa

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá para o presente ano 2016:

  • Promoción de actividades culturais: actividades como celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, encontros, conferencias, estudos, e en xeral, calquera actividade de conservación, promoción ou divulgación dos valores culturais, a realizar por asociacións veciñais ou culturais que realicen actividades de carácter cultural, segundo se desprenda dos seus estatutos.

Beneficiarios

Poderán concorrer e optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición. Este requisito non será esixible para o caso dos Centros de Educación.
  3. Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.
Voltar