Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
Constitúe o obxecto destas bases a concesión de subvencións en materia deportiva nas seguintes liñas:
- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social, que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario
- Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, na tempada 2016/2017.
Beneficiarios
Poderán ter a condición de entidades beneficiarias as federacións deportivas Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/ as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.
Observacións
Plazos de presentación:
- Liña de actuación 1.ª: desde a publicación da convocatoria no
BOP ata o 31 de outubro de cada ano. - Liña de actuación 2.ª: 30 días naturais desde a publicación da
convocatoria no BOP.