Convocante

Concello de A Estrada

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas ós clubs e asociacións deportivas e ós deportistas federados do Concello da Estrada para a participación e promoción deportiva da tempada 2016/2017.

Son obxectivos perseguidos destas axudas a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello da Estrada tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas tódalas asociacións e clubs deportivos do Concello da Estrada sen ánimo de lucro legalmente constituídos e que veñan desenvolvendo unha labor de promoción deportiva e de interese para a sociedade dentro do Concello da Estrada. Os cales deberán cumprir en todo caso os seguintes requisitos:

  • Os clubs federados sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello da Estrada e que leven a cabo a súa actividade dentro do mesmo.
  • Estar debidamente federadas e inscritas no Rexistro oficial correspondente.
  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Non ter ningún tipo de débeda pendente de xustificar co Concello da Estrada.

Tamén poderán solicitar estas axudas os deportistas federados domiciliados no Concello da Estrada con anterioridade á aprobación destas bases e que participen en competicións de ámbito comarcal ou superior incluídas nos calendarios das respectivas federacións.

Voltar