Convocante

Concello de Santiago de Compostela

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

Estas bases conteñen os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais dirixidas á promoción de actividades culturais e artísticas de amplo espectro orientadas a todo tipo de públicos e idades, que respondan aos criterios xerais de valor artístico, interese social, diversidade, redistribución territorial, desestacionalización e traballo en rede.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións:

  • As persoas físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia. Exceptúanse as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
  • Que están ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, deben cumprir este requisito todos os integrantes.
Voltar