Convocante

Consellería de Economía Empleo e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

  1. As entidades locais,  ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2017 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
  2. As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.
  3. As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación e consten como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como aquelas entidades que, non tendo a dita consideración como centro especial de orientación, teñan por obxecto a atención a un colectivo cuantificable e significativo de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, e xustifiquen a existencia do dito colectivo.
Voltar