Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro, para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputació
  • A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
  • Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
Voltar