Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:

  •  Carecer de fins de lucro
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, así como non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
  • A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
  • Estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
  • Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
Voltar