Convocante
Deputación Provincial de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
A finalidade destas subvencións é a de financiar parcialmente os gastos derivados da participación na competición deportiva durante a temporada 2017-201.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da
Xunta de Galicia. - Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galicia.
- Participar, na temporada 2017/2018 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas súas respectivas federacións.
- Posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría senior ou absoluta. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese como requisito básico posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición.