Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional que teñan polo menos un equipo participante na categoría sénior, así como aos clubs que participen na 3.ª división de fútbol co obxectivo específico de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que compitan en categoría nacional e que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, así como non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
  • A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
  • Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
  • Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollida na lei
Voltar