Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria regular a concesión de subvencións en especie consistentes na cesión de uso de locais destinados a sede das entidades veciñais, xunto cos seus gastos racionais de luz e auga, no seu ámbito xeográfico para o desenvolvemento das súas actividades.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as asociacións veciñais, federacións e agrupacións de asociacións veciñais que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que estean inscritas no libro de entidades cidadás do Concello de Ourense antes do 31 de decembro de 2015.
  2. Que se comprometan a establecer un horario de apertura do local, por un espazo mínimo de 500 horas ao ano.
  3. Que desenvolvan un programa de actividades e servizos á cidadanía.
Voltar