Convocante
Concello de CarballoPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
O obxecto destas axudas é a de contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e a potenciación do seu papel no desenvolvemento cultural así como favorecer o acceso á cultura dos cidadáns de Carballo promovendo a organización e realización de actividades culturais.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as entidades xuridicamente constituídas que estén rexistradas no Concello de Carballo sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos:
- Que as actividades non persigan finalidades de lucro.
- Que o ámbito de actuación sexa o término municipal de Carballo.
- Que teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais regularmente no mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.