Convocante
Concello de ArteixoPublicación
Boletín Provincial de A Coruña
Obxecto
Estas subvencións tratan de potenciar o asociacionismo, implicando ós axentes sociais comunitarios, colaborando con asociacións, federacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte pata todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- Ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte pata todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes
- Os deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportista.