Convocante
Concello de LalínPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Poderán ser obxecto desta subvención a realización de programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente que, no ámbito da cultura, promovan asociacións culturais, asociacións veciñais ou colectivos sen ánimo de lucro, consideradas de interese sociocultural para o Concello de Lalín e que estean dirixidas a toda a poboación en xeral.
Beneficiarios
Poderán solicitar as subvencións as persoas xurídicas e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, sempre que cumpran os seguintes requisitos na data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia:
- Entidades legalmente constituídas que teñan o seu domicilio social en Lalín e estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
- Carecer de fins de lucro.
- Desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no termo municipal do Concello de Lalín.