Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

É obxecto desta convocatoria, regular a concesión de subvencións para programas, actividades culturais e festivas concretas, definidas nas bases reguladoras, que se desenvolvan dentro do termo municipal entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas subvencións:

  • No caso da liña A, proxectos e actividades culturais, asasociacións de carácter cultural sen fin de lucro inscritas no Rexistro de Entidades Cidadás do Concello de Ourense e as fundacións de carácter cultural.
  • No caso da liña B, festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro, as asociacións de veciños e comisións de festas legalmente constituídas.
Voltar