Convocante

Consellería de Política Social

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas para escolas infantís 0-3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social coa finalidade de consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral en que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias.

Dirixidas ao sostemento dos centros de educación infantil 0-3 anos existentes e á mellora da súa calidade, constan de dúas liñas:

  • liña 1 financiará gastos de mantemento destes centros.
  • liña 2 compensará pola aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa de segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar e pola gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas por quen reúnan a dita condición para o curso 2021/22.

Beneficiarios

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.

Voltar