Convocante

Deputación de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria fomentar o deporte de base e o desenvolvemento da actividade deportiva de carácter competitivo na anualidade de 2018.

Beneficiarios

En xeral, poderán solicitar estas subvencións  as entidades, clubs e asociacións de carácter deportivo e recreativo (os estatutos deberán recoller eses fins expresamente) da provincia de Lugo (enténdase con sede e /ou delegación na provincia), legalmente constituídas e adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro e que desenvolvan a actividade no ámbito territorial da provincia, que os destinatarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto destas bases dentro do marco de cada liña e de acordo coas condicións establecidas nas presentes Bases en cada unha das distintas liñas de axudas.

Voltar