Convocante

Deputación de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas de carácter cultural con sede e/ou delegación social na provincia de Lugo- para a realización de actividades culturais na anualidade de 2025, sendo o seu obxectivo a promoción e maila dinamización cultural (promoción da historia, da música, das tradicións de Galiza e o uso do idioma galego).

Beneficiarios

En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades culturais ou asociacións (os estatutos deberán recoller eses fins expresamente) legalmente constituídas da provincia de Lugo enténdase con sede ou delegación social na provincia-, adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases.

Voltar