Convocante
Deputación Provincial de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Constitúe o obxecto destas bases a ordenación do procedemento de participación de concellos, e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo, e así mesmo da participación de artesáns e artesás da provincia de Lugo, para se acolleren ao programa PROMOCIÓN DA ARTESANÍA, ano 2017 do Centrad da Área de Cultura daDeputación de Lugo, de cursos e demostracións no campo da artesanía.
Beneficiarios
Este Programa vai dirixido tanto aos Concellos como ás entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción e a difusión da cultura galega.