Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Beneficiarios

Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das situacións reflectidas nestas bases no momento da transmisión do negocio.

Voltar