Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A finalidade do programa “DepoEmprende” é a de promover no ámbito educativo dinámicas de traballo cooperativo que favorezan a adquisición de competencias e coñecementos vinculados á cultura e ao espírito emprendedor. Co obxectivo de adaptarse ás necesidades de cada etapa educativa, o programa “DepoEmprende” comprende tres proxectos: “DepoEmprende na escola”, “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na FP”, nas que se propoñen unha metodoloxía dinámica e participativa na que o alumnado é protagonista da súa propia aprendizaxe.

Beneficiarios

O programa “DepoEmprende” diríxese aos centros educativos sostidos con fondos públicos da provincia de Pontevedra dependentes da Xunta de Galicia. Cada proxecto “DepoEmprende” está pensado para etapas educativas diferenciadas:

  • Proxecto “DepoEmprende na escola”
  • Proxecto “DepoEmprende na ESO”
  • Proxecto “DepoEmprende na FP”
Voltar