Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

  1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profesional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:
    • Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
    • Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrarán cunha declaración responsable.
    • Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara), que demostrará cunha declaración responsable.
  2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
    • Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, comparando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrará cunha declaración responsable.
    • A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades), que demostrará cunha declaración responsable.
  3. Quedan excluídos desta orde os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea .
  4. Tanto as persoas traballadoras autónomas como as mutualistas e as sociedades deben ter un período mínimo de actividade de 12 meses inmediatamente anteriores á declaración do Estado de alarma (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo BOE núm. 67, do 14 de marzo), segundo a comprobación de vida laboral para a persoa traballadora autónoma ou alta no IAE para as sociedades.
Voltar