Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas:

  • préstamos para investimentos estratéxicos
  • préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego; préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval
  • préstamos para financiar circulante enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira
  • préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
  3. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior punto 1.
Voltar