Convocante
Concello de MosPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto, dar apoio ás entidades culturais e veciñais municipais que teñen grupos musicais, de baile, de teatro, corais, folclóricos, Tc.
Trátase por tanto dun plan que suma todas as expresións artísticas co obxectivo de preservar a nosa entidade para así contribuír e apoiar os programas culturais e musicais para que ao mesmo tempo acaden os obxectivos que lles son propios e tamén para estimular a participación dos cidadáns e cidadás nas diferentes liñas de acción que definan ás entidades.
Beneficiarios
Poderán optar ós programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas
- Carecer de fins de lucro
- Estar rexistradas no Concello de Mos, cos estatutos debidamente legalizados no rexistro da Xunta de Galicia, e inscritos no rexistro de asociacións veciñais do Concello de Mos.
- Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas