Convocante

Axencia Galega de Innovación

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade dos premios é recoñecer o labor de persoas e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos, nacionais como internacionais.

Así mesmo, trátase de recoñecer os profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e as empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación e competitividade.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios dos Premios Galegos de Innovación e Deseño as persoas físicas e as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade. En ambos os casos, en función da categoría a que concorran, deberán posuír as seguintes características:

  1. Premios Galegos de Innovación:
    • Categoría «Traxectoria Innovadora»: empresarios e profesionais cunha traxectoria de
      polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
    • Categoría «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de
      polo menos dez anos.
    •  Categoría «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
  2. Premios Galegos de Deseño:Premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do sector do deseño galego.
    • Categoría «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
    • Categoría «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
    • Categoría «Mozos/as Deseñadores/as»: dirixido a aqueles creadores, cunha idadeque non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
Voltar