Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar a concesión para o ano 2017 do programa de Axudas Municipais para a Creación de Empresas, no ámbito do Concello de Vigo, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial no municipio entre o 1 de abril de 2016 e o 31 de marzo de 2017
que teñan viabilidade técnica, económica e financeira e que cumpran coas obrigas e os requisitos establecidos.

Voltar