Convocante

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade  e  concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: grupos de referencia competitiva (anexo I)
  • Modalidade B: grupos con potencial de crecemento (anexo II)
  • Modalidade C: redes de investigación ( anexo III)
  • Modalidade D: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente (anexo IV)

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso):

  1. As universidades do SUG.
  2. Os organismos públicos de investigación de Galicia.
  3. As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
  4. Os centros do CSIC  e do IEO radicados en Galicia.
Voltar