Convocante

Deputación Provincial de A Coruña

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

Co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social dalingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, convoca os seguintes tres programas de difusión cultural:

  • Escena ao vivo
  • Visións
  • Alicerce

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • Escena ao Vivo
    • As compañías e artistas con domicilio fiscal en calquera concello da Provincia da Coruña.
  • Visións
    • As empresas audiovisuais con domicilio fiscal en calquera concello da Provincia da Coruña.
  • Alicerce
    • Todas as compañías, grupos e artistas non profesionais con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
Voltar