Convocante
Conselleria de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de niciativa social (CEEIS) e das empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19.
Deste xeito, coa finalidade de consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, poderase conceder unha axuda de carácter excepcional e extraordinaria destinada a equilibrar e reestruturar financeiramente estas entidades que lles permita acadar niveis de produtividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os CEEIS e as EIL que cumpran os requisitos reflectidos nestas bases.