Convocante

Consellería de Política Social

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.Enténdese por nenas/os de 0 a 3 anos, as/os nacidas/os con posterioridade a 31 de decembro de 2013.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que estean debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social,  e teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os requisitos xerais desta orde.

Voltar