Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2017.
Beneficiarios
Poderán solicitar e obter estas axudas :
- Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá) na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
- Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/ as –100% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Dpto. Participación Cidadá).
- Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil. Os requisitos que estes grupos de mozos/as deberán cumprir son:
- Estar formados por un mínimo de tres persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, ambas incluídas, e residentes no Municipio de Vigo.