Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas  traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo, para implantar sistemas de xestión de RSE, así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

  • Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.
  • Liña II: Conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:
    • Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: Incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
    • Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
    • Subliña II.3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
  • Liña III: Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Beneficiarios

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contarcun mínimo de 6 persoas traballadoras.

Voltar