Convocante

Consellería de Política Social

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas para o financiamento de gastos extraordinarios ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19 en relación co funcionamento dos centros e realización de programas de inclusión social da súa titularidade.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde:

  • Entidades de iniciativa social titulares de centros de inclusión que foron considerados servizos básicos ás persoas sen fogar por Resolución do 15 de marzo de 2020,  como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, nomeadamente entidades titulares de albergues sociais, cociñas económicas e comedores sociais, centros de atención social continuada e centros de día que presten servizos de mantemento da hixiene (como ducha ou lavandaría) e os servizos de «calor e café». Incluiranse tamén os centros de acollida básica e especializada.
  • Entidades de iniciativa social que acrediten a realización nos dous últimos anos de actuacións dos servizos de cobertura de necesidades de alimento e provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandaría e apoio material).
Voltar