Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización mediante prácticas en empresas ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á súa disposición profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial , que cumpran a definición de peme , incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
  2. Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo.
  4. Que teñan, na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.
  5. Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise.
Voltar