Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual de
subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).

Este programa ten como obxectivo levar a cabo unha intervención integral que dote as persoas participantes das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial para o acceso ao emprego, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

Beneficiarios

Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación desta convocatoria cumpran as seguintes condicións:

  • Ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
  • Ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión. Teranse en conta os programas finalizados nos últimos cinco anos naturais anteriores ao da publicación da convocatoria, e só se computarán aqueles nos que se traballase cun mínimo de 10 persoas.
  • Estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.
Voltar