Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada o seu período de descanso por nacemento contraten a unha persoa para ampliar a súa conciliación  da vida familiar e laboral.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que  teña o seu centro de traballo (ou domicilio  social, no caso de carecer deste) na comunidade autónoma de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas.

Voltar