Convocante
Deputación Provincial de A CoruñaPublicación
Boletín Oficial de A Coruña
Obxecto
As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións por parte da Deputación da Coruña, en réxime de concorrencia competitiva, para financiar gastos de investimento en proxectos no ámbito da axuda ao desenvolvemento (cooperación internacional, axuda humanitaria, sensibilización, educación para o desenvolvemento, comercio xusto…) que se realicen en 2020 por parte de entidades sen ánimo de lucro que teñan a consideración de beneficiarias de conformidade co establecido nas presentes bases.
Beneficiarios
Poderán acceder á condición de beneficiario as entidades privadas sen ánimo de lucro validamente constituídas, cunha antigüidade mínima de tres anos antes da data de finalización do prazo de solicitude, valorándose de modo especial a aquelas que, segundo os seus propios estatutos, teñan entre os seus fins a realización de proxectos de axuda ao desenvolvemento (cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, sensibilización, educación para o desenvolvemento, comercio xusto…) e estean inscritas no rexistro galego específico para este tipo de entidades.